martes, 17 de marzo de 2015

Festa da Augardente de Portomarín.



I Carreira Popular 

Festa da Augardente de Portomarín. 

“a carón do río” 

Ven á I Carreira Popular de Portomarín e goza dun percorrido único, 

a beleza da nosa vila, a igrexa de San Xoan (igrexa-fortaleza do 

século XII), a igrexa de San Pedro tamén do século XII e unhas 

fermosas paisaxes a carón do río Miño. No corazón do Camiño 

Francés, parada obrigada dos peregrinos a Compostela. E a todo esto 

engadirlle a Festa da Augardente. 

Para descubrilo achégate a correr por Portomarín o 5 de abril. Non 

Data: domingo, 5 de abril de 2015 

- Categorías escolares: 11:00h 

- Categoría absoluta: 12:00h 

Lugar: Portomarín, Lugo 

Distancia: dende 100 a 7.800 m (distancia aproximada). 

Organiza: Concello de Portomarín. 

Patrocina: GDR Miño-Ulla. 

REGULAMENTO DA PROBA: 

- Poderán participar na proba todos aqueles que o desexen. 

- A saida e a meta estará situada nas inmediacións da Praza Condes 

fenosa, a carón da igrexa. 

- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o 

uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará 

a descalificación dos atletas acompañados. 

- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a 

corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel. 

- Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de 

cronometraxe subministrado pola organización excepto para os 

propietarios do chip amarelo que poden utilizar o seu. 

- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación 

tanto do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, 

nos medios de comunicación e na internet. 

- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos 

danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas 

ocasionen os participantes nas carreiras. 

- A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa 

- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre 

calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste 

- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán 

- O percorrido estará sinalado cada quilómetro. 

- A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba. 

CARREIRAS CATEGORÍAS DE MENORES 

Disputaranse a partires das 11:00 da mañá nos arredores da Praza 

Condes Fenosa de Portomarín. 

Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas) coas 

distancias (aproximadas) correspondentes: 

Categoría Chupete: nad@s en 2010 e posteriores – 100 metros 

Categoría A: nad@s entre 2009 e 2007 – 400 metros 

Categoría B: nad@s entre 2006 e 2003 – 800 metros 

Categoría C: nad@s entre 2002 e 1998 - 1.500 metros

CARREIRA ABSOLUTA 

Disputarase a partires das 12:00 da mañá con saída da Praza Condes 

Fenosa de Portomarín e un percorrido de 7,8 quilómetros 

(aproximadamente). 

Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas): 

Categoría D: nad@s entre 1997 e 1990. 

Categoría E: nad@s entre 1989 e 1980. 

Categoría F: nad@s entre 1979 e 1970. 

Categoría G: nad@s entre 1969 e anteriores. 

INSCRICIÓNS: 

- CATEGORÍAS DE MENORES: 

Inscrición gratuita on-line na páxina: www.championchipnorte.com

Tamén se poden realizar por correo electrónico enviando os datos ó 

enderezo infoportomarin@concellodeportomarin.es, ou de xeito 

presencial na casa do Concello de Portomarín ou no número de 

teléfono 982545070. 

O prazo de inscrición remata o martes 31 de marzo ás 24:00 horas. 

Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos: 

- Apelidos 

- Data de nacemento 

- Clube (se pertence a algún) 

- Localidade 

- Teléfono de contacto 

- Enderezo electrónico de contacto 

A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non 

cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo 

participar na proba. 

- CATEGORÍA ABSOLUTA: 

Inscricións on-line na páxina: www.championchipnorte.com

Inscripción 1€, que será doado a una entidade benéfica. 

Os atletas que non posean o chip amarelo deben aboar 1€ en 

concepto de alquiler do chip no momento de inscribirse na web. 

O prazo de inscrición remata o martes 31 de marzo ás 24:00 horas. 

A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non 

cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo 

participar na proba. 

 PERCORRIDO 

A saída e a meta estarán na Avenida de Lugo (ó carón da Praza 

Condes de Fenosa ) e discurrirá por varias rúas da vila, para logo 

dirixirnos ó Monte do Cristo, cun percorrido por camiños de terra 

entre pinos e a carón do río Miño. Voltamos a vila e acadaremos a 

meta despois dun percorrido ó redor de 7,8 quilómetros. 

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE 

Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba 

(5 de abril) nos soportáis da Casa do Concello de 10:00 a 11:00 

- CATEGORÍAS DE MENORES: Tódolos participantes recibirán 

unha medalla conmemorativa. Haberá agasallos para os tres 

primeiros atletas (masculinos e femininos) de cada categoría. 

- CATEGORÍA ABSOLUTA: Tódolos participantes recibirán un 

agasallo e os 3 primeiros atletas (masculinos e femininos) da 

clasificación absoluta levarán ademáis de cadanseu trofeo: 

1o/1a Clasificad@: estancia dunha fin de semana nun hotel da vila. 

2o/2a Clasificad@: unha comida ou cea nun restaurante da vila. 

3o/3a Clasificad@: lote de productos típicos da comarca. 

Tamén, haberá agasallos para os 3 primeir@s clasificados de cada 

categoría e premios especiales para o primeir@ corredor@ local. 

Considerase como local @ atleta empadroad@ en Portomarín. 

Os premios non son acumulables. 

Avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba, na 

zona habilitada pola organización e degustación de balde de produtos 

da zona ó rematar a entrega de premios. 

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA 

- Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos 

corredores as duchas do albergue municipal. 

INFORMACIÓN E RESULTADOS 

Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web 

oficial da proba www.championchipnorte.com 


No hay comentarios:

Publicar un comentario